Posición do coito lateral
Aparencia
A posición do coito lateral é unha posición sexual descrito por Masters e Johnson na súa Human Sexual Response (Resposta sexual dos humanos).
Técnica
[editar | editar a fonte]- O home levanta un pouco a perna dereita da muller coa man esquerda.
- O home comeza a dobrar o xeonllo esquerdo sen levantalo da cama. Move cara a fóra do xeonllo mentres dobra, abrindo o interior da perna esquerda cara ao teito. Move a perna esquerda para arriba e para abaixo ata que pasa por baixo do xeonllo dereito da muller que tiña levantado.
- Mentres tanto, a muller repousa sobre a súa esquerda, e pon o seu peso sobre o xeonllo esquerdo. Isto permítelle estirar cara a atrás a perna dereita que tiña erguida, poñendo o interior da perna esquerda que o home ten dobrada.
- Unha vez que as pernas son intercambiadas, a muller inclínase cara ao peito do home. El suxeita o corpo da muller, con ambas as mans contra o seu corpo.
- Os dous vólvense ó mesmo tempo para a dereita da muller (o lado esquerdo do home), onde repousa a parte superior do corpo da muller. Ela pode apoiarse no seu lado dereito ou apoiar a cabeza sobre unha almofada. O home vira sobre o seu lombo. Neste momento, o home está deitado de costas, e o torso de muller é case perpendicular ó do home. Os ombreiros da muller están case verticais, co ombreiro esquerdo máis arriba que o dereito. O seu tronco está xirado para que a súa pelve descanse na pelve do home. Todo o peso da muller está no seu lado dereito e o cóbado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Posición do coito lateral |